NOTA DE PRENSA DA ASOCIACION CULTURAL RIO BARBEIRA
O muiño da Fachica na Volta do Río en San Lorenzo (Escuadra), foi o lugar escollido pola Asociación Cultural Río Barbeira para retomar os traballos que os internos do Centro Penitenciario da Lama veñen levando a cabo na ruta do Río Barbeira. Nesta nova temporada ademais das tarefas de limpeza habituais de mantemento da ruta, a nosa asociación propúxose acondicionar a presa do muiño da Fachica co obxectivo nun futuro próximo de que volva moer. Os traballos nesta xornada consistiron en desbrozar a maleza existente que impedían o acceso a todo o tramo da presa, conseguindo chegar logo dun excelente esforzo dos internos á calzada onde o muiño toma a auga do río Barbeira.
Foron sete internos, acompañados dun educador e de membros da asociación, e co apoio do Concello de Lama no transporte e combustible os que realizaron esta gratificante xornada de traballo para disfrute dos sendeiristas da Ruta do Río Barbeira.
Asdo. O presidente. Daniel Vidal Durán

No hay comentarios:
Publicar un comentario