jueves, enero 27, 2011

NUEVA JORNADA ECOLOGICA


Nota de prensa da ASOCIACIÓN CULTURAL RÍO BARBEIRA
O pasado martes 24 nunha nova xornada de traballo organizada pola Asociación Cultural Río Barbeira, os internos da prisión provincial procederon á limpeza e desbroce por primeira vez do muiño da ruta de sendeirismo Tras os pasos do río Barbeira, ruta da liberdade, chamado muiño do Trebello.
Foron sete internos acompañados dun educador e de membros da asociación os que fixeron posible o acceso a este muiño que se encontraba inaccesible pola maleza existente na zona .
Ademais desta actuación se procedeu a acondicionar o entorno da ponte e do peto de ánimas de San Lorenzo, así como o saneamento do camiño de acceso a estes lugares que se encontraba anegado polo desbordamento das augas que circulaban fóra do seu lugar habitual.
Esta asociación segue a contar, dúas veces ao mes, cos internos do centro penitenciario para realizar tarefas de mellora e mantemento da ruta do río Barbeira.
Queremos anunciar tamén e agradecer a axuda económica aprobada pola comunidade de montes da Escuadra para realizar os traballos mecánicos que servirán para finalizar os traballos iniciados noutro muiño, muiño da Fachica na volta do río, que consistían en devolverlle ao muiño o caudal de auga para o seu futuro funcionamento.
ESCUADRA a 26 de xaneiro de 2.011
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario