miércoles, noviembre 08, 2006

O TRISTE FINAL

Esta é a triste historia dun rapaz que coñecín, traballador de arreo, tenro de corazón, humilde e con moi mala sorte na vida. Vivía nuhna humilde casa labrega e era orfo de nai.

O protagonista desta historia chámase Manuel pero todos lle chamaban Manoliño, o neto da Carme, quen o criou dende o mesmo día en que morreu a nai. A finada morrera dun inxusto cancro e morreu co seu Manoliño nos brazos, dándolle un bico a sabendas que sería un dos últimos.

Manoliño cando tiña 15 anos finou na escola e comenzou no bacharelato pero o pouco deixouno, él quería traballar, él quería ser un gandeiro como fora o seu avó, un home forte coma un buxo, de bon comer e beber, comía por sete e traballaba por unha ducia, quen sempre miraba polo ben de Manoliño, o seu neto preferido, o da casa, pra quen nunca houbo unha zoupada nen unha mala palabra... todo eran bicos e agarimos.

Manoliño comenzou traballando na construcción, entraba as oito da mañá pero erguíase as cinco, co canto do primeiro galo. Muxía as vacas, dáballe o penso os cabalos, levaba o rebaño o pasto, votáballe millo

as pitas e recollía os ovos no eirado. Logo entraba na cociña cun bo brazado de leña que él mesmo rachaba na véspera e así deixarlle a súa avoa o lume acendido pra que a vella non pasase frío. Ela pasaba a maior parte do día sentada o carón da lareira, padecía frío verán e inverno.

Manoliño antes de saír pro traballo tomaba unha cunca de café quente -o leite era para vender no tambo-, pasaba po-lo cuarto da vella para darlle-le o bico de despedida e saía po-la porta fumando o primeiro pitillo do día, pero sempre ollaba que non lle faltase auga ós cans, dous vellos cans que moitas veces deran a vida por él.

Manoliño presumía de todo-los seus animáis, como bo gandeiro. Contárame unha vez que nunha tarde do mes de Xullo, regando no millo, tivera unha liorta con outro regante po-las augas dunha presa, o cal foi atacado po-lo can cando este levantaba a eixada no aire pra zouparlle a Manoliño.

A piques de cumplir dezanove anos Manoliño decide abandonar a empresa onde era moi querido pra emprender aventura po-la súa conta, xa tiña uns bos cartos aforrados e a súa ilusión era ser un próspero gandeiro.

Era po-lo dezaseis de Agosto, na romería do San Roque, na taberna do torreiro da Igrexa onde se atopou co Xesús, home moi respetado socialmente en toda-la comarca, quen lle acostumaba a mercar algúns cabuxos para dar-lle lo xantar ós convidados nos días de festa.

Xesús era un vello contrabandista que escomenzara nos tempos da posguerra, traendo aceite, sulfato e todo aquelo que lle dese un peso a gañar. Viña po-los montes da fronteira nas noites de choiva e treboada que eran as máis seguras.

Pero agora o que daba cartos era a "fariña". Contáballe a Manoliño que traballando ben uns poucos de anos podíanse encher dous canizos de cartos. Así comenzou Manoliño no negocio da "fariña", onde por varios anos gañou moitos cartos.

Mercaba os mellores cabalos nas feiras, era quen mellor pagaba, acudía todo-los domingos a misa, vivía ben e era envexado po-los veciños. Manoliño era o exemplo a seguir. Nas festas dos pobos lindantes toda-las mozas lle facían as veiras, todas querían o seu amor.

Pero nun mes de Outubro do cal non me decata o ano, todo se voltou nacontra de Manoliño, quedou arruinado, sin que ninguén soubera moi ben por qué, sen "fariña", sen ganado e sen cartos.

Da mesma forma en que o lobo se bota ó gando Manoliño botouse a roubar.

Hoxe contan as malas linguas en conversas po-los camiños que Manoliño está preso nunha cadea da súa querida Galiza natal.

Sen amigos, sen gando, sen cartos... Recollendo colillas do chan.

I. V.

1 comentario:

  1. A história é moi boa, pero intrígame saber qué lle paso a Manoliño para perder todo canto tiña da noita a mañá.
    Ánimo e seguide con isto do blog.

    ResponderEliminar